Tangaraño
Menú
Login
Procurar
(1) 2 3 4 5 »
Actividades : Cusos Tempo de lecer 2010
el 24/1/2010 12:34:45 (6 Lecturas)











Actividades : Fotos da exposición do X aniversario
el 27/10/2009 19:31:26 (50 Lecturas)

Xa están dispoñibles as primeiras fotos da exposición de traxes realizada co gallo do X aniversario da A. C. Tangaraño. Lembrade que mañá mércores 28 é o último día que podedes visitala, de 11:00 a 13:00 ou de 17:00 a 20:00.



Preme aquí para ver a galería de fotos ao completo



Última actualización da galería o 17/11/09

Actuacións : 10 aniversario da A. C. Tangaraño
el 10/10/2009 20:57:40 (89 Lecturas)




A. C. Tangaraño vén de cumprir 10 anos de traballo polo ensalzamento, recuperación e difusión do noso folclore. Durante este tempo, foron moitas as actividades realizadas en torno o baile, a música e a vestimenta tradicional galegas, e que mellor forma de celebralo, que compartindo con todos vós unha pequena escolma do traballo desenvolvido durante estes dez anos.

Por iso este ano, engadimos ao noso tradicional festival anual O son do Tangaraño, unha serie de actos e actuacións durante a última semana de outubro, que pretendemos representen a evolución do noso traballo, e que esperamos que desfrutedes tanto coma nós.


Exposición de traxes tradicionais

Unha parte fundamental do noso traballo foi a recuperación e fidelidade á roupa tradicional, o que nos permitiu colaborar en diversas exposicións co concello de Mos e o Museo Liste, chegando a publicar o libro O vestido de onte en conxunto con dito museo. Non podía polo tanto, faltar nas nosas actividades unha mostra do noso vestiario, tendo a sorte de contar para a súa presentación coa actuación da Escola de danza da vila de Monterroso.

Actuación Escola de danza da vila de Monterroso
Multiusos de Mos - Sábado 24 as 12:30

Horario de apertura da exposición
Multiusos de Mos - Domingo 25, martes 27 e mércores 28
Mañá: 11:00 a 13:00
Tarde: 17:00 a 20:00


Talleres didácticos espallar

Como xa dixemos, parte do noso esforzo dedícase a difundir o noso folclore, sobre todo cos máis pequenos, xa que nas súas mans está a continuidade da nosa cultura. Para iso, contamos co proxecto Espallar, unha serie de talleres didácticos para rapaces sobre percusión, canto e roupa, en distintos colexios do concello.

Estes talleres realizaranse o martes 27 e mércores 28.


Concerto Álvaro Costa & Hot Band

Alvaro Costas & Hot band está formada por cinco músicos cun toque moi cosmopolita, xente nova que nos presenta una nova visión do folk celta galego.

Multiusos de Mos - Venres 30 as 22:30



Gala O son do Tangaraño

Como tódolos anos, non podía faltar o noso festival O son do Tangaraño, onde mostramos o resultado do traballo feito durante todo o ano, e que nos serve como agradecemento a todos aqueles que colaboran connosco. Mais este año, por ser unha ocasión especial, faremos un percorrido non dun ano, senón por toda a nosa historia, cunha serie de sorpresas e convidados entre os que se atopan Polo, Álvaro e Suso Costas, Juan Eiras entre outros.

Multiusos de Mos - Sábado 31 ás 20:00


Agardamos e agradecemos a vosa asistencia ás distintas actividades programadas, e incluímos este mapa para facilitarvos a chegada ao Multiusos de Mos, lugar onde se realizarán a maior parte das actividades.


Ver Actuacións da A.C. Tangaraño nun mapa máis grande

Actividades : Reconquista 2009
el 26/3/2009 10:40:00 (111 Lecturas)

No 200 aniversario da Reconquista de Vigo a A. C. Tangaraño, participará de novo no mercado medieval que se celebra no casco vello de Vigo, como en anteriores ocasións.

Este ano o noso posto estará na praza de Fermín Penzol, a carón da biblioteca Penzol.


Visualizar o mapa ampliado



No noso posto poderedes desfrutar de postres caseiros, viño, música e seguramente dalgún baile.



Agardamos a vosa visita.

Actividades : Presentación do libro O vestido de onte
el 15/12/2008 12:13:42 (255 Lecturas)

A A. C. Tangaraño vén de escribir o libro O vestido de onte en colaboración co museo Liste. Nel recóllense fotos e información sobre o vestido tradicional galego, e para facer a súa presentación, que mellor xeito ca un desfile da roupa da que estamos a falar.



Domingo, 21 de decembro ás 18:00 horas no C.E.E. Escravas da Virxe Dolorosa (Rúa Estivada, 5. Petelos- Mos)

(1) 2 3 4 5 »
Minical
Febreiro 2010
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
Galería fotos
www.flickr.com
O tempo en Vigo
Enquisas