
A. C. Tangaraño vén de cumprir 10 anos de traballo polo ensalzamento, recuperación e difusión do noso folclore. Durante este tempo, foron moitas as actividades realizadas en torno o baile, a música e a vestimenta tradicional galegas, e que mellor forma de celebralo, que compartindo con todos vós unha pequena escolma do traballo desenvolvido durante estes dez anos.
Por iso este ano, engadimos ao noso tradicional festival anual
O son do Tangaraño, unha serie de
actos e actuacións durante a última semana de outubro, que pretendemos representen a evolución do noso traballo, e que esperamos que desfrutedes tanto coma nós.
Exposición de traxes tradicionaisUnha parte fundamental do noso traballo foi a recuperación e fidelidade á roupa tradicional, o que nos permitiu colaborar en diversas exposicións co concello de Mos e o
Museo Liste, chegando a publicar o libro
O vestido de onte en conxunto con dito museo. Non podía polo tanto, faltar nas nosas actividades unha mostra do noso vestiario, tendo a sorte de contar para a súa presentación coa actuación da
Escola de danza da vila de Monterroso.
Actuación Escola de danza da vila de MonterrosoMultiusos de Mos - Sábado 24 as 12:30
Horario de apertura da exposiciónMultiusos de Mos - Domingo 25, martes 27 e mércores 28
Mañá: 11:00 a 13:00
Tarde: 17:00 a 20:00
Talleres didácticos espallarComo xa dixemos, parte do noso esforzo dedícase a difundir o noso folclore, sobre todo cos máis pequenos, xa que nas súas mans está a continuidade da nosa cultura. Para iso, contamos co proxecto Espallar, unha serie de talleres didácticos para rapaces sobre percusión, canto e roupa, en distintos colexios do concello.
Estes talleres realizaranse o martes 27 e mércores 28.
Concerto Álvaro Costa & Hot BandAlvaro Costas & Hot band está formada por cinco músicos cun toque moi cosmopolita, xente nova que nos presenta una nova visión do folk celta galego.
Multiusos de Mos - Venres 30 as 22:30
Gala O son do TangarañoComo tódolos anos, non podía faltar o noso festival
O son do Tangaraño, onde mostramos o resultado do traballo feito durante todo o ano, e que nos serve como agradecemento a todos aqueles que colaboran connosco. Mais este año, por ser unha ocasión especial, faremos un percorrido non dun ano, senón por toda a nosa historia, cunha serie de sorpresas e convidados entre os que se atopan Polo, Álvaro e Suso Costas, Juan Eiras entre outros.
Multiusos de Mos - Sábado 31 ás 20:00
Agardamos e agradecemos a vosa asistencia ás distintas actividades programadas, e incluímos este mapa para facilitarvos a chegada ao Multiusos de Mos, lugar onde se realizarán a maior parte das actividades.
Ver Actuacións da A.C. Tangaraño nun mapa máis grande