Tangaraño
Menú
Login
Procurar
« 1 2 (3) 4 5 »
Actividades : Curso de cestería
el 15/12/2007 17:01:11 (190 Lecturas)
Actividades

Chegado o Nadal son moitos os agasallos que repartimos entre familia e amigos, e que hai que mellor que algo feito polas túas propias mans?

Agora, a A. C. Tangaraño ofréceche a posibilidade de asistir o curso de cestería que se celebrará o vindeiro sábado 22, das 11h ás 13h, no local de ensaio de Sanguiñeda.


Foto feita por LuisGerard


Actividades : Lotería de Nadal
el 7/12/2007 10:16:34 (165 Lecturas)

Xa está dispoñible a lotería para o sorteo de Nadal, o número elixido este ano é o 63.049. As participacións son de 5 euros e non teñen recargo. Xa vai quedando menos para o sorteo, así que se aínda non a mercastes, bulide, que cando se acaban veñen as lamentacións.

Actividades : Comida do socio
el 22/10/2007 18:43:41 (168 Lecturas)
Actividades

Un ano máis, aínda que esta vez con retraso, a A. C. Tangaraño realizará a súa tradicional Comida do socio o vindeiro Domingo 28, no lugar de ensaio dos sábados, a AA. VV. de Sanguiñeda.

O xantar comezará aproximadamente ás 14:30, aínda que agradeceriamos que veñades antes para botar unha man a xente que estará, dende primeria hora da mañá, traballando para que todos desfrutemos deste xantar.

Como o prato forte deste ano é o cocido, debedes levar os vosos cubertos e pratos, xa que vai ser complicado comelo cos habituais de plástico.



E coma sempre, tódolos postres caseiros serán ben recibidos.

Actuacións : Ferias y Fiestas 2007 de Guadalajara
el 1/9/2007 17:50:00 (255 Lecturas)
Actuacións

O vindeiro sábado 15, a A.C. Tangaraño actuará na Praza Maior de Guadalaxara, xunto aos grupos locais Wad All Hayara e Palacio de la Cotilla, como parte das actividades culturais organizadas polo concello de Guadalaxara co gallo das Ferias y Fiestas 2007.


Foto da Praza Maior de Guadalaxara, autor Tirengarfio




Visualizar o mapa ampliado

Web : Fotos de Tangaraño
el 22/8/2007 20:40:00 (278 Lecturas)
Web

Como podedes ver na parte dereita da páxina, xa están dispoñibles algunhas fotos do noso grupo. Polo de agora vai devagar, pero pouco a pouco iremos pondo máis. Para velas só tedes que premer sobre calquera das fotos que aparecen na dereita da pantalla, dentro dun cadro titulado Galería.

Podedes colaborar enviándonos as que teñades vós o noso enderezo electrónico, ou levándoas o ensaio.

« 1 2 (3) 4 5 »
Minical
Setembro 2010
L M Me X V S D
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      
Galería fotos
www.flickr.com
O tempo en Vigo
Enquisas