Tangaraño
Menú
Login
Procurar
RSS dos artigos
Actuacións : 10 aniversario da A. C. Tangaraño
el 10/10/2009 20:57:40 (215 Lecturas)




A. C. Tangaraño vén de cumprir 10 anos de traballo polo ensalzamento, recuperación e difusión do noso folclore. Durante este tempo, foron moitas as actividades realizadas en torno o baile, a música e a vestimenta tradicional galegas, e que mellor forma de celebralo, que compartindo con todos vós unha pequena escolma do traballo desenvolvido durante estes dez anos.

Por iso este ano, engadimos ao noso tradicional festival anual O son do Tangaraño, unha serie de actos e actuacións durante a última semana de outubro, que pretendemos representen a evolución do noso traballo, e que esperamos que desfrutedes tanto coma nós.


Exposición de traxes tradicionais

Unha parte fundamental do noso traballo foi a recuperación e fidelidade á roupa tradicional, o que nos permitiu colaborar en diversas exposicións co concello de Mos e o Museo Liste, chegando a publicar o libro O vestido de onte en conxunto con dito museo. Non podía polo tanto, faltar nas nosas actividades unha mostra do noso vestiario, tendo a sorte de contar para a súa presentación coa actuación da Escola de danza da vila de Monterroso.

Actuación Escola de danza da vila de Monterroso
Multiusos de Mos - Sábado 24 as 12:30

Horario de apertura da exposición
Multiusos de Mos - Domingo 25, martes 27 e mércores 28
Mañá: 11:00 a 13:00
Tarde: 17:00 a 20:00


Talleres didácticos espallar

Como xa dixemos, parte do noso esforzo dedícase a difundir o noso folclore, sobre todo cos máis pequenos, xa que nas súas mans está a continuidade da nosa cultura. Para iso, contamos co proxecto Espallar, unha serie de talleres didácticos para rapaces sobre percusión, canto e roupa, en distintos colexios do concello.

Estes talleres realizaranse o martes 27 e mércores 28.


Concerto Álvaro Costa & Hot Band

Alvaro Costas & Hot band está formada por cinco músicos cun toque moi cosmopolita, xente nova que nos presenta una nova visión do folk celta galego.

Multiusos de Mos - Venres 30 as 22:30



Gala O son do Tangaraño

Como tódolos anos, non podía faltar o noso festival O son do Tangaraño, onde mostramos o resultado do traballo feito durante todo o ano, e que nos serve como agradecemento a todos aqueles que colaboran connosco. Mais este año, por ser unha ocasión especial, faremos un percorrido non dun ano, senón por toda a nosa historia, cunha serie de sorpresas e convidados entre os que se atopan Polo, Álvaro e Suso Costas, Juan Eiras entre outros.

Multiusos de Mos - Sábado 31 ás 20:00


Agardamos e agradecemos a vosa asistencia ás distintas actividades programadas, e incluímos este mapa para facilitarvos a chegada ao Multiusos de Mos, lugar onde se realizarán a maior parte das actividades.


Ver Actuacións da A.C. Tangaraño nun mapa máis grande

Actuacións : IX Xornadas de música e danza tradicionais galegas
el 4/11/2008 13:06:55 (197 Lecturas)

Unha vez máis, a Asociación Cultural Tangaraño, participará nas Xornadas de música e danza tradicionais galegas organizadas polo concello de Vigo.

O certame terá lugar o domingo día 9 de novembro, as 20:00 no teatro do Centro Cultural Caixanova. As invitacións poranse a disposición do público no propio teatro o día do certame, a partires das 18:30.

Actuacións : Ferias y Fiestas 2007 de Guadalajara
el 1/9/2007 17:50:00 (255 Lecturas)
Actuacións

O vindeiro sábado 15, a A.C. Tangaraño actuará na Praza Maior de Guadalaxara, xunto aos grupos locais Wad All Hayara e Palacio de la Cotilla, como parte das actividades culturais organizadas polo concello de Guadalaxara co gallo das Ferias y Fiestas 2007.


Foto da Praza Maior de Guadalaxara, autor Tirengarfio




Visualizar o mapa ampliado

Actuacións : Ao son do Tangaraño 2007
el 20/4/2007 12:55:46 (239 Lecturas)



Minical
Setembro 2010
L M Me X V S D
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      
Galería fotos
www.flickr.com
O tempo en Vigo
Enquisas