![]() |
|
|
Tangaraño
Menú
Login
Procurar
|
Grupo de Baile TangarañoO grupo de baile Tangaraño, dirixido por Kari Cabezas, foi o cerne sobre o que se creou a Asociación Cultural. Está conformado por máis de medio cento de persoas e agrupados en diferentes graos de formación, que garanten a continuidade do grupo representativo da Asociación nos diferentes actos. O noso repertorio, como se comenta na presentación da Asociación está composto tanto por pezas coreografiadas baseadas en movementos tradicionais, coma por pezas recollidas por integrantes do grupo ou colaboradores do grupo de baile. Pretendemos que as nosas actuacións recollan elementos representativos da nosa cultura e tradición. Así pois, en múltiples ocasións combinamos os traxes de gala con traxes de cotío. E mesmo, en ocasións, representamos algún tipo de escena, coma por exemplo as vodas, nas que os "mozos" roldan á noiva, para posteriormente bailar a "regueifa" e continuar coa celebración.Grupo de Gaitas TangarañoO Grupo de Baile Tangaraño acompañase do grupo de gaitas que leva o seu mesmo nome. Tratase dun quinteto tradicional, composto por dous gaiteros, tambor, bombo e pandeireta, se ben nalgunha actuación participan outros músicos. Dirixe o grupo de gaitas Serafín Rodríguez Rodríguez, responsábel tamén da Banda de Gaitas Charamuscas de Bembrive.Grupos de PandereteirasCreado hai aproximadamente tres anos e dirixido por Kari Cabezas o grupo de pandereteiras Tangaraño naceu co obxectivo de acompañar ao grupo principal nas súas actuacións e, chanzo a chanzo, foi tomando entidade propia. Está composto por mozas capaces de tocar non só a pandeireta, senón instrumentos tan pouco "habituais" hoxe en día como pratos de porcelana, tixolas ou culleres, pero si utilizados polos nosos antepasados nas "fiadas" ou "ruadas". Animadas polo éxito destas mozas, creouse un novo grupo de pandereteiras bautizado como "Meigas Fóra" e que se presentou o pasado primeiro de outubro ao participar nun festival en Xinzo de Ponteareas.Grupo de Pandereteiros, Os TangarañosEste grupo presentouse en abril do 2004. A súa principal característica é que está composto unicamente por homes, algo pouco usual no ámbito tradicional. Na actualidade son una ducia os mozos que se uniron a esta "aventura musical" baixo a dirección de Antonio García Costas. Contan cun repertorio que recolle cantos das diferentes comarcas galegas, dende A Costa da Morte até o interior de Ourense. Ao igual que no caso das rapazas, ademáis da pandeireta non é estraño velos acompañados nas súas actuacións de instrumentos como latas de pemeto. Ademáis, son os responsabeis de facer as beiras e roldar as mozas casadeiras a noite antes da voda. |
![]() |